No mundo hai 180 millóns de nenos con fame, e cada ano morren desta causa máis de 6 millóns e os desnutridos que sobreviven contarán cun retraso intelectual para o resto da súa vida.
Guatemala é un país de América Central, a poboación é de 13
millóns e medio de habitantes (un 40% son nenos de 0 a 14 anos) e a poboación de orixen maia
representa cerca do 45% dos habitantes.
O 60% da poboación
guatemalteca vive en áreas rurais, o 51% vive na pobreza; o 15% vive na pobreza
extrema, os niveis de malnutrición
crónica alcanzan ao 70% da poboación e a malnutrición severa o 15%.
A aldea de Talquezal está
situada na micro rexión Maia Chortí unha zona rural dedicada ao
cultivo do maínzo. Está habitada nunha inmensa maioría, por
poboación indíxena e carecen dos principais servizos. Nesta rexión se localizan os índices máis altos de pobreza e pobreza extrema, ata un 78,6%
da poboación.
A familia Mendoza é desta rexión. Teñen 10 fillos, son 12 na casa e gañan menos dun euro ao día. Non teñen unha boa dieta alimenticia e un dos seus fillos presenta desnutrición e non se ve delgado; se non que está infrado.
Para ir á escola teñen que ir camiñando por uns camiños moi difícles e cansos de camiñar, sempre chegan tarde e non mostran especial interese.
Non teñen dispoñibilidade médica e para levar ao pequeno rapaz ao hospital teñen que pedir cartos prestados a un membro da familia e facer autostop para chegar, por sorte o rapaz foi atendido a un idade temprá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario