1) Recordade a definición de Economía e valorade a situación Da Familia Mendoza. Falando de tódolos aspectos mellorables.
A economía é unha actividade social orientada a satisfacelas necesidades materiais das persoas aceptando unhas regras básicas de xogo baseadas en certos valores que teñen moito que ver coa democracia e os dereitos humanos. É unha ferramentaque busca a máxima eficiencia na produción, distribución e consumo de bens materiais co obxectivo de garantila satisfacción das necesidades básicas das persoas e a dignidade persoal, conservando o patrimonio cultural e mellorando o capital colectivo da sociedade nos terreos laboral, natural, físico social e creativo, A familia Mendoza non satisface as súas necesidades básicas; non teñen unha dieta equilibrada, non teñen sanidade, non teñen unha boa ganancia económica capaz de sacar a diante a familia, non teñen transporte, os camiños que teñen están moi mal, etc.
2) Valora os "funcionamentos" na vida da Familia Mendoza. Fortalezas e debilidades.
Non teñen unha alimentación saudable pois tanto eles como os seus fillos teñen moi mala dieta, non teñen unha renda mínima familiar que lle aporte os ingresos mínimos para sobrevivir, non teñen un traballo digno, nin unha vivenda que cumpla todas as condicións de ser digna, non teñen redes de transporte nin camiños ben estructurados para camiñar, non teñen quidade de xénero nin acceso a redes de apoio social.
Contan cun sistema de reforestación no cal lles entregan árbores co fin de prantalos e repoboar o bosque e a cambio lle pagan certa cantidade pola tarefa, con unha vivenda (aunque non conte con electricidade nin auga polo menos teñen un teito) e unha igrexa na aldea.
3)¿Cómo son "As capacidades da Familia Mendoza". Describe as súas realizacións.
Non teñen gran capacidade de decisión, pois por moito que eles queran, as súas condicións de vida non lles permiten as mismas posibilidades que teñen outras persoas con mellores condicións.
Aún así no caso de Elmer (o seu fillo pequeno que sufría desnutrición) tiveron a capacidade de elixir e elixiron ir ao médico para que o atendese o máis rápido posible, así que lograron conseguir os cartos pedíndollos prestados a un membro da familia e éste, por sorte llos deu. Grazas a esta decisión, o rapaz foi atendido a tempo e salvouse, e como aún era moi novo non contaba co problema de presentar un retraso a nivel intelectual o resto da súa vida, cousa que lle acontece aos nenos que non so tratados a tempo.
4) Analiza:
-A vosa primeira escola en Narón e a de os nenos da familia Mendoza (Países do Norte-Países do Sur).
A miña primeira escola en Narón era unha edificación en boas condicións, contaba cun patio ben coidado, e rede de luz e de auga. Era bastante grande e espacioso, contaba con moitos xogos e materiais relacionado cos nenos para axudalos no seu aprendizaxe. Tamén contaba cun comedor no cal a comida era variada e equilibrada. Mentres que a escola dos nenos da Familia Mendoza, era un sitio en malas condicións, que non contaba con luz nin auga, escuro, pequeno, desorganizado, non contaban con bó material escolar e os camiños do redor estaban mal coidados, polo que dificultaba a chegada.
-A vosa vivenda e a de os nenos da familia Mendoza (Países do Norte-Países do Sur)
A miña vivenda é un edificio en boas condicións, seguro, que conta con rede de agua e electricidade preto da cidade, que conta con boas infraestructuras para chegar a el. A vivenda da familia Mendoza era escura, insegura, non tiña rede eléctrica nin de auga e chegar a ela non era tarefa doada pola dificultade dos camiños.
-Os servizos médicos en Narón e a de os nenos da familia Mendoza (Países do Norte-Países do Sur)
Nós contamos con sanidade pública, polo que si en calquera momento nos encontramos mal, podemos acudir ao centro de saúde para que nos fagan unha revisión ou nos receten un medicamento. As estructuras están en boas condicións e contan cunha serie de aparellos para facilitar moitas tarefas. Os servizos médicos na Familia Mendoza son escasos, o centro de saúde máis próximo está moi lonxe deles e para chegar teñen que ir en coche pois a pé é demasiado canso. Non está nas mesmas condicións que os centros de saúde de aquí.
-O transporte.
Nós contamos cunha rede de transporte, tanto público como privado que está ao alcance de todo o mundo e infraestructuras adaptadas as necesidades. A familia Mendoza non conta con ningún medio de transporte e a súa única forma de desprazarse é a pé ou en excepcións facendo autostop.
5)Ordena as necesidades primarias da Familia mendoza.
Alimentación saudable e auga potable
Sanidade
Vivenda digna
Familia
Educación
Traballo digno
6)Nomea 6 bens que aumentarían a calidade de vida da Familia Mendoza.
-Relacionais: poñerse de acordo con outros veciños e mellorar os camiños entre todos, falar cos veciños para ir a cidade para falar con alguen de prestixio e conseguir poñer unha consulta médica na aldea ou a unha persoa que cada certo tempo vaia as casas para atender as necesidades médicas.
-Públicos: árbores que lle regalan para prantar, un banco, un parque, camiños ben feitos
-Privados: Vivenda digna, transporte (un coche)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Exercicio Pay Back e Van
PAY BACK= -Do + Q1+Q2+Q3+Q4+Q5 PAY BACK A = -10000000+0+0+6000000+6000000+8000000= 1000000 € PAY BACK B = -16000000+4000000+5000000+5000000...
-
No ano 2020 unha empresa quere fabricar 500000 memorias e ten: OPCIÓN A: -10 traballadores a xornada completa de 1650 horas cada un. -3 máq...
-
No mundo hai 180 millóns de nenos con fame, e cada ano morren desta causa máis de 6 millóns e os desnutridos que sobreviven contarán cun ret...
-
Una empresa dedicada a la comercialización de pescado congelado dispone, a 1 de enero del presente año, de 100 kilos de pescado a 12 €/Kg. A...
No hay comentarios:
Publicar un comentario