domingo, 8 de diciembre de 2019

Ferrolterra

A comarca de Ferrol é a que presenta maiores problemas demográficos e a peor dinámica empresarial das sete comarcas urbanas de Galicia. Está sumida nunca crise que se remonta a decisión borbónica da sinatura do Tratado de Utrecht en 1713 xurdindo así unha comarca moi especializada no sector naval e vinculada á Defensa Nacional. No século XX xurde novas empresas, cunha importante pegada na comarca, pero se van a pique no propio século XX. Están os casos da Pysbe, a Fenya, fabricas de xabóns Beceiro e de lapis Hispania, etc. A forte caída da construcción naval (en 1986, a Unión Europea prohibe a construcción naval civil en Astano, a caída da construcción industrial xunto á progresiva diminución da presencia militar, arrastran tamén na caída ao sector servizos. As consecuencias disto son o alto nivel de desemprego estrutural, e o envellecemento e perda da poboación.
Dentro de Narón e a súa área de influencia destaca como punto positivo que é a comarca urbana galrga con menor desigualdade de renda (FEDEA) pero como puntos negativos encontramos a perda de poboación, o envellecemento desta, o alto índice de paro e a baixa afiliación a seguridade social.
Tamén destaca negativamente o chabolismo e as vivendas marxinais, con clases da poboación marxinadas onde é común a venda de droga. 
Así a comarca está instalada nunha dinámica de decadencia económica que continua na actualidade.
As debilidades que dificultan a calidade de vida son:
-O abandono dos recursos naturais; a contaminación da ría, na que desapareceron moitas especies debido as verteduras industriais e domésticas, a sobreexplotación e o furtivismo.
-O abandono da agricultura familiar e o peche de pequenas explotacións, favorecido polas barreiras impostas ao autoconsumo e aos mercados locais.
-Destaca o deterioro urbanístico no capital urbano da zona portuaria e do centro de Ferrol, o crecemento desordenado da periferia urbana en moitos concellos, con escasas infraestructuras e falla de planificación.

Exercicio Pay Back e Van

 PAY BACK= -Do + Q1+Q2+Q3+Q4+Q5 PAY BACK A = -10000000+0+0+6000000+6000000+8000000= 1000000 € PAY BACK B = -16000000+4000000+5000000+5000000...